Xuntos pola Música


"XUNTOS POLA MÚSICA" é un espectáculo musical no que as voces de Lys Pardo e Antonio Barros dan vida ó repertorio máis galego e de raíz do compositor, autor e cantante Juan Pardo. Un son fresco, emocionante e contemporáneo ademáis de tradicional, que recupera a esencia da música cantada en galego e que cautiva públicos de todas as idades. A fusión perfecta entre cultura e entretemento.

 

OS NOSOS PILARES FUNDAMENTAIS

  • Obra de Juan Pardo

Unha obra que traspasou as fronteiras nacionais, convertíndoo nun dos artistas máis escoitados e admirados da súa época e o referente por excelencia da cultura galega no último medio século. Falar de Juan Pardo en Galicia é falar dun artista 100% recoñecido, ( galardoado coa Medalla de Ouro de Galicia 2023 ) e que chegou coa súa obra ós nosos días perpetuándose na memoria colectiva.

  • Obras con trasfondo

As letras da obra de Juan Pardo sempre esconden unha mensaxe positiva, un consello, una poesía...Letras libres de obscenidade e de mensaxes erráticos que distorsionen a realidade . Apostar por Juan Pardo é apostar por un xeito de crear cultura de calidade e entretemento á vez, de apostar polo futuro, impregnando á sociedade dunha mensaxe constructiva e de valor, que crea futuro, e co medio de entretemento máis utilizado do mundo: A MÚSICA.

  • A defensa do Idioma

A defensa e perpetuación do idioma e da cultura galega é, sen dúbida, outro dos obxetivos fundamentais do proxecto.

Os datos que informan sobre o descenso de galegofalantes provocan alarmas coas conseguintes opinións sobre a natureza do conflito lingüístico. Os argumentos maniqueos esgrimidos impiden analizar as circunstancias de tales mudanzas nos usos lingüísticos provocados polos cambios sociais que se veñen sucedendo dende hai unha década.

Coma galegos e galegas, mantemos firme a idea de defender a nosa identidade, a diversidade e a riqueza patrimonial inmaterial para que non morra nas vindeiras xeracións, facéndoo dun xeito atractivo. Entendendo como valor diferenciador os arranxos musicais contemporaneos, que acercan cancións de antes ós tempos de agora e ás novas xeracións.

  • As e os Artistas

    Lys Pardo
    Herdeira natural do talento do seu pai, Juan Pardo, triunfa a nivel nacional con “Wagon Folk” no 2009. Desenrola a súa faceta máis persoal a través do disco “De familia” de 2013, así coma con varios sencillos e covers das cancións do seu pai.

    Antonio Barros

    Nomeado “O Sucesor de Juan Pardo“ no programa Eventos G da TVG do mesmo nome, Antonio Barros é un artista coñecido na comunidade polas súas innumerables actuacións tanto en distintos programas da TVG coma “Luar“ ou “ A liga dos Cantantes Extraordinarios“ , coma na Verbena galega. Compaxina este proxecto co dúo acústico “Antonio Barros e iAlma“.

    iAlma

    Ligada a música dende pequena, fórmase nos conservatorios de Ponteareas e Vigo. Resalta a súa sensibilidade e paixón sobre as teclas do piano.



    Fernando Calderón

    A súa experiencia en diferentes grupos de índole nacional coma “Wagon Folk“ ou “Tennessee“ fanno un guitarrista único e brillante.

            

O ESPECTÁCULO

XUNTOS POLA MÚSICA explora os grandes éxitos de Juan Pardo cantados en galego. O noso repertorio inclúe cancións e poemas musicados de autores como Eduardo Pondal ou Ramón Cabanillas, pertencentes á cultura galega, todos eles interpretados con paixón e enerxía en directo. Cun elenco formado por Lys Pardo, Antonio Barros, Fernando Calderón, iAlma e dous músicos de directo, conformando unha banda de 6 persoas.

O espectáculo ten unha duración de 90 minutos, nos que o espectador poderá disfrutar dun concerto emocionante onde a balanza entre o cultural e o entretemento estará equilibrada, para facer disfrutar a xóvenes e maiores.