“Antonio Barros e iAlma” é o dúo acústico (piano e voz) que nace da unión destes artistas galegos no ano 2021 fruto da casualidade e dos anhelos de levar a música galega a un plano persoal e diferente. Suman xa máis dun cento de concertos por toda a xeografía galega, española e no extranxeiro. Cabe destacar a súa interpretación do Himno Galego na investidura do 6o presidente da Xunta de Galicia, a súa participación no 72 pasamento de Castelao no Panteón de Galegos Ilustres ou a súa actuación na Cripta da Sagrada Familia. Tamén participan en algúns programas da Tvg de maneira conxunta coma Sabadeando, Carballeira ou Xuntos.
En xuño de 2022 suman o seu curriculum conxunto a autoría da letra oficial do Himno de Mos, unha honra que os emociona.
Nos seus espectáculos acústicos pretenden sentir a música dunha maneira máis íntima, e trasladalo dun xeito sensible ó seu público. Narran vivencias, historias reais, cantadas e contadas dende a ialma.
Unha voz acompañada dos acordes dun piano para chegar ó profundo das persas, facelas esntir e traladalas a momentos únicos das súas vidas, buscando a sencillez e un ambiente íntimo facendo fincapé nas emocións.
Na actualidade, teñen en activo varios espectáculos: